Descripción

No camiño Santiago-Fisterra, no concello de Negreira, está situado o Albergue turístico de Logrosa.

Son dúas casas galegas de pedra, restauradas , situadas nun lugar con encanto, rodeado de natureza e nunha contorna rural, onde o camiñante poderá relaxarse, descansar e disfrutar da gastronomía típica galega.

Un albergue de pouca capacidade, con só 20 prazas, pra ofrecer unha mellor estancia ós peregrinos que non queran aloxarse en albergues ruidosos e masificados. Dispoñemos de 4 habitacións dobres, 3 simples e 2 habitacións con 4 prazas en liteiras. Importante reservar previamente.

Ten calefacción, televisión, teléfono, posto de acceso a Internet de balde, servizo de lavandeiría, comedor, amplo xardín, salón con lareira, zona pechada pra deixar bicicletas, campo pra cabalos, comedor exterior (verán), baño e duchas de uso común.

Pra calquer consulta, envíenos un correo a:

reservas@alberguedelogrosa.com